Ábrese o prazo de inscrición no Simposium sobre a Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español
Ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de inscrición no Simposium Internacional “Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español”, que se celebrará en Santiago de Compostela e A Coruña, os días 27 e 28 de marzo.
A asistencia é gratuíta, e para formalizar a inscrición, basta con enviar unha solicitude ao correo electrónico simposiumcinefernandezflorez@gmail.com. Entregarase diploma de asistencia aos alumnos das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, así como aos asistentes non estudantes que o soliciten expresamente.
Como vimos anunciando, o simposium constitúe un dos actos centrais do cincuenta aniversario do pasamento de Wenceslao Fernández Flórez. Está dirixido polo Catedrático de Comunicación Audiovisual José Luis Castro de Paz no eido do Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez” (MINECO. Goberno de España. CSO2012-34648), e organizado pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Grupo de Investigación Estudos Audiovisuais), a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e o Centro Galego de Artes da Imaxe (AGADIC. Xunta de Galicia).
O encontro versará sobre a decisiva influencia da obra do autor galego na configuración de certos modelos de estilización no cinema español das dúas primeiras décadas posbélicas. A conferencia inaugural correrá a cargo do Catedrático de Literatura da Universidad de Zaragoza José-Carlos Mainer, acreditado estudoso das letras españolas e experto na obra de Fernández Flórez, e, a continuación, destacados investigadores procedentes de diversas universidades do territorio nacional e internacional reflexionarán e debaterán acerca de cuestións vinculadas tanto á influencia directa da obra do escritor coruñés nas adaptacións fílmicas dos seus textos como a determinados aspectos da súa literatura e do cine español do período. Finalmente, tras dúas intensas xornadas, o ciclo de intervencións rematará cunha conferencia do Presidente da Asociación Española de Historiadores del Cine, Julio Pérez Perucha.
Engádese adxunto o programa completo do simposium, e para máis información:
“Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español”
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
