Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A Sala Clangor como Patrimonio Inmaterial

Un documental de alumnas de Ciencias da Comunicación reivindica a relevancia do local para a música de vangarda nos 80

19/06/2019
A discoteca Clangor. Foto do arquivo de El Correo Gallego.

A Sala Clangor foi un local de referencia en España durante os anos 80 por mor da súa modernidade e estética, así como pola súa aposta pola música de vangarda con actuacións dos grupos máis innovadores do momento. Este ano, varias alumnas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC rescatan este valor histórico por medio dun traballo de iniciativa APS, que combina aprendizaxe e servizo á comunidade.

O proxecto parte da materia Escritura Audiovisual, co obxectivo de realizar unha peza sobre o patrimonio inmaterial da cidade de Santiago de Compostela. O detonante foi un artigo enviado ás estudantes por Cibrán Tenreiro, membro do GEA que se ocupaba da parte práctica da materia, xunto ao tamén integrante do grupo e coordinador da mesma Enrique Castelló. Así, Arón Arias, Cristovo García, Zoe Ferreiros, Pablo Fariña, Antón Viqueira e Anxo Gómez decidiron investigar sobre Clangor e o seu papel na introdución da movida madrileña e a música británica da época en Compostela.

O traballo materializouse nun documental sobre a sala no que recollen os testemuños do artista Fernando Pereira, propietario e creador de Clangor; do produtor e profesor Suso Iglesias, participante activo na movida galega; e da académica María Fidalgo Casares, especialista na movida e con experiencias persoais ligadas ao local. O proxecto céntrase na análise do valor cultural da sala, na liña dos Estudos da Música Popular, sen entrar na polémica do atentado que sufriu por parte do Exército Guerrilheiro.

De tal xeito, a peza pon o foco nas orixes de Clangor, relatando a aposta pola música británica, a importancia de Radio 3 e os concertos emblemáticos que trouxo a Santiago, como Nacha Pop, the Godfathers ou Dr Feelgood. Trata, en última instancia, de reflectir aquilo que os seus autores chaman “Espíritu Clangor”. Algo que ten que ver cunha xeración, cunha actitude. Con ese intanxible que o converte en patrimio inmaterial da cidade.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa no Málaga Docs
A profesora Ledo Andión escribiu o limiar do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad.
14/03/2023

O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival. Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos […]

Seguir lendo
Chamada de Artigos para a revista Cinema & Território (C&T)
Está aberta a "Chamada de Artigos" para o n.º 8 da Cinema & Território, sobre a temática Documentais (auto)biográficos
06/03/2023

A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa). A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes […]

Seguir lendo
Premio Mozo de Investigación en Comunicación ‘Enrique Bustamante’
A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC ) convoca o Premio Mozo de Investigación en Comunicación 'Enrique Bustamante'.
03/03/2023

O certame ten dúas modalidades: monografía e artigo, o premio consistirá nun Diploma acreditativo e unha axuda de até 1.500€ para gastos de publicación do mellor monográfico presentado, e de 400€ para o mellor artigo que supere o proceso de revisión para ser publicado na Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación […]

Seguir lendo
© 2023 Estudos Audiovisuais