A revista 2i adica o seu primeiro número a “Literatura e Televisión: Novas narrativas | Ficcións transmedia”
O prazo de recepción de artigos estará aberto até o 31 de xaneiro de 2020
Trala publicación do seu especial de lanzamento en 2019, 2i | Revista de Estudos de Identidade e Intermedialidade adicará o seu primeiro número a “Literatura e Televisión: Novas narrativas / ficcións transmedia”. A tal fin, está aberta a convocatoria para a publicación de artigos até o 31 de xaneiro de 2020. Acéptanse textos dun máximo de 7.000 palabras (incluíndo notas e referencias bibliográficas) en portugués, inglés, francés ou español. A publicación, substentada polo Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho e o Grupo 2i, estará editada por Xaquín Núñez e Daniel Tavares.
Literatura e Televisión
As relacións entre literatura e televisión estiveron presentes desde o nacemento do medio televisivo. Xa sexa como servizo público, entretemento ou plataforma de ficción narrativa, a televisión prestou unha especial atención á literatura, ben en relación á información e formación literarias, ben ás adaptacións dos clásicos ou como modelo narrativo de ficción serial.
A porosidade entre diferentes medios ampliouse, no entanto, nos últimos tempos. A revolución dixital expandiu global e masivamente os produtos culturais, propiciando unha grande hibridación entre as narrativas da ficción. O obxecto artístico transita por varios medios e formas e transfórmase, alén diso, a partir da experiencia co consumidor, creando ao tempo novos produtos transmedia.
Este fenómeno, tendo en conta a confluencia das industrias culturais coas industrias do lecer e os novos comportamentos do mercado da arte, propiciou unha ampliación do campo cultural, concedendo autonomía artística a produtos tradicionalmente secundarios ou postergados (videoxogos, banda deseñada, series audiovisuais…). Tal transformación motivou alteracións epistemolóxicas entre os estudos comparados, que transitaron dunha natureza intertextual cara a outra intermedial. A ficción televisiva constitúe un dos novos produtos de culto de maior impacto ao nivel de consumidores, crítica e teoría académicas. A grande complexidade e calidade fílmica e narrativa das series caracteriza esta Terceira Idade de Ouro da televisión.
O número 1 da Revista 2i pretende efectuar, polo tanto, unha revisión crítica e teórica das novas narrativas, televisivas e literarias, e das relacións entre ambas, das formas de produción, divulgación e consumo, do contributo da literatura na conquista da autonomía cultural da ficción televisiva ou das condicións de reforzo da profesionalización dos creadores, tendo en conta o potencial económico da industria do lecer.
Principais liñas temáticas:
- Adaptacións dos clásicos literarios na ficción televisiva
- Narrativas intermediais entre o texto literario e o produto audiovisual: multimedialidade, remedialidade, transmedialidade
- O guión televisivo como produto literario
- Mitos e figuras da ficción nos medios literario e televisivo
- Contribución da industria televisiva para a profesionalización do creador (guionista, escritor, dramaturgo)
- Información e formación literarias na televisión
- Universos ficcionais transmediais: literatura, televisión, cinema, videoxogos…
- Novas literarias transmedia: escola, televisión pública, bibliotecas…
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
