A Facultade de Filoloxía convoca o V Concurso Literario Mazarelos
A Comisión de Normalización Lingüística procura fomentar a creatividade e expresión en lingua galega
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca a quinta edición do Premio Literario “Mazarelos”, dirixido a fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como a contribuír a descubrir potenciais figuras da literatura na nosa lingua.
Pode participar o alumnado de grao, mestrado e doutoramento que estea matriculado na USC en calquera momento do ano 2019 anterior á finalización do prazo de presentación, o 27 de setembro de 2019. Cada participante poderá presentar unha única obra de calquera xénero literario ou tema, orixinal, escrito en lingua galega e inédito, até un máximo de 9.000 palabras.
Un xurado decidirá e outorgará os premios do certame, dotados con 700, 400 e 200 euros e diploma honorífico.
+ info. nas bases do premio.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
