XXIV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela
O prazo está aberto até o 6 de setembro para traballos publicados antes do 30 de agosto de 2019
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, o Concello da Estrada e a Deputación de Pontevedra, convocan o vixésimo cuarto Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, un galardón que se outorga ao mellor traballo ou serie de traballos xornalísticos (ata un máximo de cinco) publicados en lingua galega en calquera medio de comunicación.
A última edición recoñeceu un artigo do integrante do Grupo de Estudos Audiovisuais Fernando Redondo Neira, publicado na revista Tempos Novos, no que, baixo o título Derivas e encrucilladas do novo cinema galego, o xornalista e investigador divulga unha das nosas liñas de investigación:
«Namentres aquel sector do audiovisual que se percibe a sí propio como industria se mantén nun terreo reducido, que dificilmente se encamiña por un percorrido escaso de produción televisiva, hai outro cine máis pequeno pero máis ambicioso no estético. Un cine máis libre e arriscado pero que chega máis lonxe con menos, co paradoxo de que, certamente, tamén presenta serias dificultades para conquerir unha masa crítica que lle permita subir algún chanzo máis».
Poden optar ao premio, cunha dotación económica de 1.000 euros, os traballos publicados até o 30 de agosto de 2019. O prazo de recepción remata o 6 de setembro, mes durante o cal se dará a coñecer a decisión do xurado. O galardón entregarase na XXXII edición da Feira do Moble de Galicia.
Tanto as propias autoras como calquera lectora poderán enviar un exemplar dos traballos publicados, no que conste a data de publicación, a autora e o medio, á sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada ou ao enderezo electrónico fecae@feiradomoble.com.
+ info nas bases do premio.
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
