A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle a xornada “Soundscapes: Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras”
O GEA é un dos grupos organizadores do evento que se celebrará o xoves 16 de xuño
Na súa interdisciplinariedade, os estudos sobre a paisaxe sonora das nosas cidades poden dicirnos moito acerca do xeito en que vivimos e, máis aínda, como facelo dun xeito más atento, empático e común.
No día 16 de xuño teremos ocasión de reflexionarmos na USC sobre estas temáticas na xornada Soundscapes: Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación (Visionado 1).
Estruturada en tres mesas, Cartografías, Artes e Cidades, o encontro reúne contribucións de investigadoras de diferentes grupos da USC: Estudos Audiovisuais, Análise Territorial, Discurso e Identidade, Episteme, Estudos Históricos de Música en Galicia e América (ss. XI-XX), Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo e Teoría da Literatura e Literatura Comparada, así como do grupo en ‘Geohumanitats’ da Universitat Pompeu Fabra.
Cartografías alternativas, ética afectiva, arte sonora, composición e urbanismo confluirán nunha xornada transdisciplinar clausurada polo artista sonoro Xoán-Xil López.
Para obter un certificado de asistencia é preciso rexistrarse no seguinte enlace.
Programa completo da xornada.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
