Margarita Ledo participa na xornada “Emisións galegas na BBC” organizada polo Consello da Cultura Galega
O 14 de abril de 1947, en pleno franquismo, comezou a primeira programación radiofónica estable en galego dende a máis prestixiosa emisora do mundo, a BBC de Londres. Cando se cumpren 75 anos do Galician Programme, o Consello da Cultura Galega celebra Emisións galegas na BBC, unha xornada onde participará a catedrática da Facultade de Comunicación da USC, Margarita Ledo Andión. O evento será o vindeiro 21 de xuño no Pazo de Raxoi e comezará coa intervención sobre Radiodifusión exterior, franquismo e Guerra Fría de Ledo Andión e Luis Zaragoza Fernández, xornalista de Radio Nacional de España e historiador.
Na xornada participarán diversos profesionais como o correspondente da BBC, Guy Hedgecoe; a xornalista multimedia e analista de datos e estratexia en YouTube para o departamento de Desenvolvemento Dixital do Servizo Mundial da BBC, Inma Gil Rosendo; o doutor en Ciencais da Comunicación e director do programa L’altra ràdio de Radio Nacional de España, Cinto Niqui Espinosa, ou a doutora en Historia Contemporánea e profesora titular da Universidad de Deusto, Leyre Arrieta Alberdi.
A inscrición é gratuita e hai que realizala previamente na web do Consello da Cultura Galega.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
