Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A Cuarta Parede celebra a efeméride fundacional do cinema galego con “Cinegalicia 2019”

Os membros do GEA Brais Romero e Cibrán Tenreiro participan neste proxecto de revisión artística

18/09/2019

Dende a web de A Cuarta Parede anunciaban a pasada semana o seu novo proxecto: Cinegalicia 2019. Esta é a forma na que a primeira revista online de crítica cinematográfica en galego vai celebrar a estrea de tres filmes que marcaron en 1989 a consolidación do cinema galego: Urxa, Continental e Sempre Xonxa. Máis dunha vintena de creadoras e creadores nadas despois desa data reinterpretarán os filmes desde a súa perspectiva e mediante diferentes manifestacións artísticas.

Roberta Vázquez, Laura Ramos, Sara Donoso, Adrián Canoura, Elba Souto, Julia Huete, Jesús Silva, Lara e Noa Castro, Oh Ayatollah, Montse Piñeiro, Anxo F. Couceiro, Iria Silvosa, Charles Rapante, Pepa Prieto Puy, Clara Coira, Camila Viéitez, Andrés Sanjurjo. E por último, pero non menos importante, os integrantes do GEA Cibrán Tenreiro e Brais Romero. Estas artistas non pretenden declararse como a voz da súa xeración, segundo afirman, mais admiten que esta escolma de traballos poden rematar por presentar algúns trazos comúns na súa visión da realidade.

As creadoras son especialmente conscientes das transformacións que os distancian do Cinegalicia orixinal. A democraticación tecnolóxica posibilitou nos 30 anos transcorridos unha accesibilidade á creación audiovisual que a equipara a outras disciplinas como a pintura ou a escrita. Grazas a iso, consideran que “hoxe esa especie de xerarquización dos formatos parece superada e o cine galego é, por sorte, máis rico porque hai nel máis cines posibles, do industrial ao doméstico”.

De tal xeito, revisarán as obras coa aparición de novos intereses, espazos e personaxes, abordados con novas ideas estéticas e cun cambio fundamental: “xa non só son señores os que dirixen e hai hoxe algo máis de consciencia sobre a pobreza dunha arte que só reflicta a mirada masculina”. Cineagalicia 2019 nace, en definitiva, cunha vontade de diálogo con tres filmes fundamentais na historia do noso cinema, tanto dende a creación e como dende a análise:

“É atopar conexións que xa existen, establecer outras novas, encher ocos que quedaron por encher e abrir camiños que poidamos camiñar, se cadra coa vontade de que a cultura galega se pareza a nós, ou a unha versión mellor diso mesmo. E aquí nós significa, probablemente, Galicia, pero dicilo ten unha épica que non é moi da nosa xeración”.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais