Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A AGAPI estima que as perdas xeradas no audiovisual galego por mor do COVID-19 superan xa os 3 millóns de euros

31/03/2020

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de publicar o seu balance sobre o impacto económico da paralización do sector.  Reprodúcese, a seguir, o texto íntegro da nova:

As perdas non son de ficción

Nun momento en que películas e series apoian o entretemento da maioría dos fogares, o sector audiovisual está afectado con perdas económicas moi afastadas da ficción.

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) fixo un balance para valorar o impacto da crise do Covid-19. Polo momento, as perdas están estimadas en máis de 3 millóns de euros que afectan a un total de 20 proxectos en marcha. A maioría son longametraxes de ficción, pero tamén hai documentais, curtametraxes e series.

As rodaxes son os máis impactadas, paralizáronse na súa totalidade e moitas tiveron que pospoñer as súas datas de inicio. A suspensión dos festivais interrompe a exhibición e distribución de películas que xa contaban con seleccións e confirmacións de estrea. A chegada ás salas comerciais tamén se viu truncada, é o caso de ‘Lúa Vermella’ de Lois Patiño recentemente estreada no Festival de Berlín e que tiveron que atrasar a súa estrea comercial prevista para abril. O mesmo lle sucede a ‘A illa das mentiras’ dirixida por Paula Cons e distribuída por Filmax. Casos como ‘María Soliña’ dirixida por Ignacio Vilar observan con preocupación este escenario que sitúa na corda frouxa a data de estrea prevista. Títulos que xa estaban na carteleira cunha gran acollida de público, como ‘O que arde’ ou ‘Eroski paraíso’ viron interrompida a súa actividade en salas de maneira abrupta.

Ademais, o financiamento en moitos casos viuse conxelado á espera de que se resolva esta difícil situación. A crise do coronavirus suspendeu case todo. O sector audiovisual galego independente ve con preocupación a supervivencia dalgúns dos seus proxectos para este 2020, que xa acumulan un 16% de media en perdas.
A parte económica é sempre o talón de aquiles, o esforzo por conseguir o diñeiro necesario para sacar adiante as longametraxes de ficción, documentais, curtametraxes e series é o gran reto ao que se enfrontan as produtoras independentes. Por este motivo, vívese con moita frustración a situación de incerteza financeira.

O sector audiovisual foi un dos máximo prexudicados polos recortes da crise de 2008 e novos axustes poderían supoñer o golpe de graza definitivo. É por iso que desde a Asociación solicitan medidas económicas consensuadas coas Administracións que axuden a paliar esta difícil situación, entendendo as prioridades sanitarias que teñen agora os Gobernos.

Esta crise para a que ninguén estaba preparado e da que aínda non sabemos cal será o seu final, azoutou duramente ao audiovisual galego, polo que desde Agapi traballan diariamente para dar apoio a todos os seus socios. Esperemos que o fin de todo isto se resolva cun xiro de guión inesperado.

[Fonte: AGAPI]

MÁIS NOVAS
A IFP do GEA Sara Calvete Lorenzo participa nos Cafés do CIFEX o vindeiro 12 de abril
A investigadora é parte integrante do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC
30/03/2023

A integrante do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) é tamén Contratada Predoutoral no Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Comunicación da USC. A actividade de presentación da investigación predoutoral terá lugar o vindeiro 12 de abril das 14.00h ás 16.00h na Sala Hipatia da Facultade de […]

Seguir lendo
Margarita Ledo Andión participa no Málaga Docs
A profesora Ledo Andión escribiu o limiar do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad.
14/03/2023

O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival. Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos […]

Seguir lendo
Chamada de Artigos para a revista Cinema & Território (C&T)
Está aberta a "Chamada de Artigos" para o n.º 8 da Cinema & Território, sobre a temática Documentais (auto)biográficos
06/03/2023

A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa). A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes […]

Seguir lendo
© 2023 Estudos Audiovisuais