Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A USC co financiará os custos de acceso a internet do seu alumnado durante o estado de alarma

30/03/2020

A USC co-financiará os custos dos plans de datos do alumnado matriculado en titulacións oficiais de grao e mestrado co fin de asegurar o seu acceso ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a súa actividade académica. Esta medida, que se poderá solicitar dende o luns 30 de marzo, contempla os gastos de acceso a internet correspondentes ao mes no que se declarou o estado de alarma ou ao de abril. A medida queda recollida na resolución reitoral de 27 de marzo pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas concorrencia non competitiva para facilitar o desenvolvemento da docencia virtual do alumnado na USC polo COVID-19. O seu obxectivo é contribuír a que a docencia continúe coas mellores garantías posibles para o alumnado, especialmente aquel que se atope en situación de vulnerabilidade debido ao impacto social e económico que está tendo a crise polo COVID-19.

A cantidade máxima de datos cofinanciable será de 60 xigabytes (XB) en total, independentemente da modalidade contractual, bono, cambio temporal de tarifa, ou outras circunstancias similares. A axuda co financiará o 90 por 100 do gasto realizado pola persoa beneficiaria, non podendo superar en total 40 euros por persoa. Poderán acceder á consideración de beneficiarios o alumnado que estea matriculado nunha titulación oficial de grao ou mestrado no curso 2019-2020, e que cumpra os requisitos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Unicamente poderá solicitarse unha achega por persoa beneficiaria.

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da USC, empregando o formulario normalizado de solicitude disponible dirixido á Xerencia da USC. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 15 de abril.

Suspensión do cobro de servizos

Paralelamente e derivado da declaración do estado de emerxencia sanitaria e de estado de alarma, a USC suspendeu o cobro das cotas do Servio Universitario de Residencias, así como da Escola Infantil Breogán e das actividades de extensión universitaria. Ademais, a institución procederá de oficio á devolución das cotas aboadas pola prestación destes servizos pola parte correspondente dende a data de peche das instalacións da Universidade e ata a fin da vixencia da instrucción VII/2020 da Xerencia, de 26 de marzo, pola que se establece a xestión orzamentaria como consecuencia da crise pola COVID-19.

 

[Fonte: Xornal USC; Imaxe: Santi Alvite via Xornal USC]

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais