A Asociación de Directores Realizadores de Galicia (CREA) entregou o pasado venres os seus premios, que teñen como obxectivo recoñeceren publicamente, por parte das propias integrantes de CREA, aquelas colegas que destaquen nas distintas facetas da dirección audiovisual. A edición deste 2019 deixou once premiadas e dúas mencións especiais.
Os profesionais recoñeceron Carlos Sedes como mellor dirección de serie de TV por Instinto e Raúl García como mellor programa por Cos pés na terra. A mellor dirección de longametraxe de ficción foi para Xacio Baño por Trote, mentres o recoñecemento análogo para o documental recaeu en Belén Montero e Juan Lesta por Versogramas. No eido das curtametraxes, os premios leváronos os directores Juan Galiñanes polo documental Mariñeiro e Dani Viqueira pola peza de ficción Limbo. A categoría de obra experimental galardoou Alexandre Cancelo e Berio Molina por 7 Limbos.
Os espazos dixitais tamén tiveron o seu premio, que recaeu na directora do Carballo Interplay Sonia Méndez pola webserie para Playz Antes de Perder. Óscar Pardo e Noemi Chantada compartiron o recoñecemento ao mellor spot por “Santiago, cidade de cine” con “Ti”, de Juan Galiñanes. A mellor dirección de videoclip mereceuna Manu Viqueira por “Ahora o nunca”, traballo para o grupo La Pegatina.
Outorgáronse ademais dúas mencións especiais: unha á promoción da igualdade de xénero para o proxecto de YouTube Teño unha horta en San Sadurniño e outra á internacionalización do cinema galego para Oliver Laxe por O que arde.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
