Xornada de Portas a Virtus
Presentación de Virtus, plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC
Virtus, plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC, nace como un espazo común de solucións virtuais avanzadas tanto para a innovación docente e a difusión investigadora como para a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido TIC e audiovisual galego. As súas potencialidades daranse a coñecer na ‘Xornada de Portas a Virtus’ o mércores 23 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Para asistir a esta xornada requírese a inscrición previa. O prazo para anotarse remata o 22 de outubro.
Aberta a toda a comunidade universitaria e ao sector audiovisual e TIC, Virtus nace co pulo do financiamento europeo do programa Next Generation. O seu funcionamento e posibilidades de traballo serán explicados durante a xornada, que inaugura a partir das 9.30 horas o reitor Antonio López, xunto coa vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo; o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, e a decana da Facultade de Ciencias da Comunicación Ana Isabel Rodríguez.
A continuación presentan a plataforma o seu director científico, Enrique Castelló; o director técnico, Roi Méndez; e o técnico audiovisual Manuel Fidalgo, e terá lugar a mesa redonda ‘Virtus na Academia: docencia e investigación, seguida dunha quenda de visitas ás instalacións. Na segunda mesa redonda, orientada ao sector audiovisual e TIC, valoraranse posibilidades de proxectos conxuntos, e á súa finalización haberá unha nova quenda de visitas ás instalacións.
A tarde dedicarase aos obradoiros de tecnoloxía virtual impartidos a partir das 16.00 horas por Miguel Jiménez Moya, de Brainstorm Multimedia, e The Argounauts, socios tecnolóxicos de Virtus.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
