Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

XII edición do Día Mundial da Radio na Facultade de Ciencias da Comunicación

A A.C.P Ponte…nas ondas! organiza este 13 de febreiro entre a Fac. de Comunicación da USC e a Reitoría da Universidade de Vigo

30/01/2023

O Consello Executivo da UNESCO recomendou á Conferencia Xeral  no ano 2011, que se proclamase como Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, atendendo a unha proposta da Delegación de España nese organismo.

Dado que a asociación A.C.P Ponte…nas ondas! leva traballando no mundo da radio, na súa vertente escolar, dende o ano 1995, sumámonos a esta efeméride e propomos que as escolas celebren esta data para difundir así o modelo de Ponte…nas ondas! recoñecido pola UNESCO: educación, comunicación e patrimonio.

Centos de nenos e nenas desprazaranse, uns aos estudios de radio montados a tal efecto no Edificio do Reitorado da Universidade de Vigo e na Facultade de Ciencias da Comunicación en Compostela e outros ás Radio profesionais como Radio Tui, Radio Allariz, Radio As Nogais, Radio Burela ou a Radio Afifense en Portugal.

As escolas que non teñen posibilidade de acudir a algunha emisora participarán eleborando podcast que serán dados a coñecer na mañá do día da celebración.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais