Seducido polas moitas realidades que acubilla a cidade, Llorenç Soler filma en 1976 o Primeiro Seminario de Arquitectura de Compostela (1976), de carácter descritivo e, en paralelo, unha peza de montaxe radical na forma e na denuncia: Antisalmo. Dende entón Galiza fai parte dos seus materiais e serán as mediametraxes Gitanos sin romancero (1976), Autopista: una navallada a nosa terra (1977), Condenados a beber (1978) e O monte é noso (1978) os que unha e outra vez nos lembren que o cinema en lingua galega ten historia, que o cinema militante non tolleita a expresión persoal, que o sistema cooperativo de produción, usar un dispositivo versátil ou a confrontación co cine-industria vén de lonxe. Llorenç Soler transitou diferentes paisaxes e sistemas e o seu traballo para circuítos de gran público, para televisión, danlle ese arume de profesional de fondo que despois de advertir que dende o comén fixo unha opción social, cultural e histórica a prol do documental, quen a escoller que saiba que non trae canda ela o sucedo mais terma da emoción, do encontro ca vida.
A nivel docente, outra das súas vertentes máis frutíferas, participará no posgrao sobre documental da Facultade de Ciencias da Comunicación en 1996-1997, experiencia pioneira da que resulta un precioso filme, Pegadas, en coautoría con alumnos e alumnas e co-producido pola TVG, para alén dunha videoinstalación, Oh,Santiago!, na capela do Colexio Fonseca como contrapunto hiperreal para a exposición fotográfica de Anna Turbau Santiago, pequena historia natural, producida pola USC en 1993 e que eu mesma coordinei. Aló, en 1982, nunha súa autobiografía esvae un verso de quen foi premio Esquío de poesía: amé de amor de signo y de protesta. Canda el partiu nese cabalo alado que nos leva dunha beira a outra. Abur, Llorenç.
MLA
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
