O vindeiro 25 de abril remata o prazo de presentación de comunicacións á VI Xornada Universitaria Galega en Xénero, organizada polas unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas, que terá lugar o 14 de xuño na Coruña. Baixo o lema (RE)CONSTRUÍNDO O COÑECEMENTO, a sexta edición centrarase na necesidade das investigacións feministas e de xénero, así como na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios. Como en edicións anteriores, a convocatoria está aberta ao persoal investigador en formación, procurando establecer un punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.
A presentación de propostas lévase a cabo mediante o envío da comunicación completa aos seguintes enderezos electrónicos, segundo a área temática:
- Mulleres, ciencia, universidade (oficina.igualdade@udc.es)
- Perspectiva de xénero na docencia universitaria (oix@usc.es)
- Violencia(s) cara ás mulleres (igualdade@uvigo.es)
Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN.
+info. en www.usc.gal/oix
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
