Varios traballos do Proxecto de Investigación sobre a pegada de Wencesalo Fernández Flórez no cinema posbélico presentaranse esta semana no XIV Congreso da AEHC
Entre o xoves e o sábado desta mesma semana celebrarase en Bilbao o XIV Congreso Internacional da Asociación Española de Historiadores do Cine, co título “De Cimientos y Contrafuertes. El papel de los géneros en el Cine Español”.
Como xa anunciaramos o mes pasado, o Congreso acollerá una ampla representación de estudos vinculados ao Proxecto de Investigación “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez”. Deste xeito, o xoves 28 os investigadores Alejandro Montiel Mues (Universidade Politécnica de Valencia), Héctor Paz Otero (Universidade de Santiago de Compostela) e Fernando Gómez Beceiro (Universidade de Santiago de Compostela) intervirán na primeira das sesións científicas con tres relatorios nos que exporán diversos aspectos analizados ao abeiro do Proxecto, incluíndose ademais na devandita mesa o resumo da comunicación da integrante do Equipo de Traballo, Sonia García López (Universidade Carlos III de Madrid). Por outra banda, o venres 29 será a quenda do Investigador Principal, José Luis Castro de Paz, para presentar as principais claves da investigación no espazo reservado á Presentación de Proxectos. Finalmente, o sábado 30 presentará a súa ponencia Imanol Zumalde (Universidade do País Vasco).
Á marxe da presenza destas cuestións propias da investigación, gran parte dos membros do equipo estarán implicados, dun ou outro xeito, no evento, destacando a participación do catedrático da Universidade do País Vasco, Santos Zunzunegui, como Presidente de Honra do Congreso.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
