Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Última chamada para o envío de propostas á 12ª ed. do congreso internacional Small Cinemas

O prazo para a recepción de resumos remata o 10 de xuño.

03/06/2021

O Grupo de Estudos Audiovisuais da USC é o encargado de organizar a 12ª edición do congreso internacional Small Cinemas, un encontro itinerante de carácter anual que congrega investigadoras e investigadores de todo o mundo referentes no estudo dos denominados pequenos cinemas, cinematografías de países e culturas con linguas minorizadas, nacións sen estado ou entidades políticas con estatutos singulares. O evento celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, do 28 ao 30 de outubro de 2021.

Baixo o título Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas, a nova edición do congreso pon o foco nas singulares transformacións da circulación e difusión dos filmes desde a chegada do streaming e a súa repercusión en cinematografías cun problema endémico de visibilidade. Ao tempo, aborda a conservación das obras producidas por estes cinemas nos
arquivos e fondos cinematográficos como unha vía indispensable para a defensa e promoción do patrimonio e a diversidade culturais.

O prazo para a recepción de comunicacións está aberto até o 10 de xuño.

»Máis información

MÁIS NOVAS
Marta Pérez Pereiro presenta o 13 de decembro na FaCom os resultados da investigación FACCTMedia
A investigadora do GEA examinará os novos intrumentos para evitar o problema da desinformación
05/12/2023

O vindeiro 13 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación,  Aula 8, terá lugar a prsentación dos resultados do proxecto de investigación FACCTMedia, Instrumentos de rendición de contas ante a desinformación: Impacto das plataformas de fact-checking como ferramentas de accountability e proposta curricular. O proxecto FACCTMedia, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (PID2019- […]

Seguir lendo
Mª Soliña Barreiro participa no “Ciclo sobre a fotografía e a construción da realidade” en Ribadavia
A investigadora do GEA María Soliña Barreiro González participa coa palestra "Do xogo ao incendio: As fotomontaxes de John Heartfield na República de Weimar"
02/11/2023

Ciclo sobre a fotografía e a construción da realidade no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Neste ciclo, que está vinculado á exposición Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Agusto Pacheco (1948-1973), o tema principal será a fotomontaxe falando de diferentes artistas, técnicas e expresións. Na sexta feira, 3 de santos ás 8 da tarde, comezamos con: […]

Seguir lendo
Faísca cultural: “Narrativas efectivas para comunicar o cambio climático”
O 7 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación ás 11 da mañá
02/11/2023

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra é un programa […]

Seguir lendo
© 2023 Estudos Audiovisuais