Aberta a chamada de traballos para a 10ª Conferência Internacional de Cinema de Viana
As propostas poderán enviarse ata o 2 de xullo
A Escola Superior de Educação de Viana do Castelo acollerá entre os días 25 e 29 de outubro a 10ª Conferência Internacional de Cinema de Viana co obxectivo de fomentar reflexións e debates arredor do cinema nas súas múltiples dimensións culturais, artísticas e tecnolóxicas. O evento académico abre desde hoxe, e ata o 2 de xullo, a súa chamada de traballos e inscrición, que pode formalizarse na súa páxina web: http://encontrosdecinema.pt/conferenciacinema_inscricao.php.
A Conferência Internacional de Cinema de Viana, iniciada en 2012, presenta este ano dúas mesas redondas sobre “Prácticas de cinema na escola” e “Cinema, comunidade e formación”, ademais dunha nova mesa dedicada a prácticas e usos da fotografía en contextos comunitarios e etnográficos titulada “Fotografía e memoria”.
O congreso, no que os membros do GEA Fernando Redondo e Marta Pérez Pereiro participarán como parte do comité científico e do consello editorial, ten como principais liñas temáticas o cinema e a escola, o cinema relacionado coa arte, ciencia e cultura e a fotografía e a memoria.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
