Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Television and Social Networks

An analysis of the influence of Live-Tweeting in the Social Audiences

As redes sociais transformaron a concepción da audiencia televisiva. Para se adaptaren a un espectador que incrementa a súa actividade en Internet, as televisións conduciron estratexias de medios sociais para xerar interactividade e atraer usuarios aos seus perfís. Unha delas baséase no fenómeno de twittear en directo, no cal se fomenta a conversación a través de publicacións en twitter durante a emisión dun programa. Esta investigación analiza a efectividade do twitteo en vivo como estratexia para promover o tráfico do usuario nas redes sociais e os seus impactos na audiencia social. Consonte a unha metodoloxía cuantitativa, seleccionamos catro programas españois de prime time emitidos durante a primeira metade de setembro de 2016. O obxectivo é estudar as redes de interaccións xeradas arredor do programa durante a súa emisión e o grao de influencia das contas oficiais en cada caso.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Sabela Direito-Rebollal, Diana Lago-Vázquez Ano: 2017Titulo: Television and Social Networks Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: Recent Advances in Information Systems and Techologies. Álvaro Rocha, Ana Maria Correia, Hojjat Adeli, Luís Paulo Reis, Sandra Costanzo (eds.)Volume: 3Páxina inicial: 111Páxina final: 119País: SuízaEditorial: Springer
© 2023 Estudos Audiovisuais