Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Proxección e coloquio: Morlaix (Jaime Rosales, 2024) o día 4 de febreiro

A proxección e o coloquio serán no Auditorio da Facultade de Comunicación

20/01/2025

O vindeiro día 4 de febreiro, terza feira, ás 11h proxectárase no auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago o filme Morlaix. Posteriormente haberá un coloquio ao que asistirán o director da fita, Jaime Rosales, o Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade José Luis Castro de Paz e estudantes da facultade.

Rodada en parte en 35mm branco e negro e en parte en 16mm color, a película trata sobre a vida pensada como experiencia poética trascendental. Combinando actores naturais con actores profesionais, a puesta en escena emerxe grazas ás improvisacións máis ou menos libres, máis ou menos guiadas dos actores. Para contar a parte da historia encarnada polos personaxes adultos contamos coa participación excepcional de Mélanie Thierry e Alex Brendemühl.

Sinopse do filme:

Gwen está no derradeiro ano de instituto. A súa nai acaba de morrer. Vive en Morlaix, unha pequena vila na Bretaña francesa. No medio do curso, chega a Morlaix Jean-Luc, un parisiense sofisticado, culto e magnético. Intrigada pola súa personalidade poética, Gwen non pode evitar sentirse atraída por el.
Un día, Gwen e o seu grupo de amigos van ao cinema e descobren unha película cuxo argumento parece un reflexo do que está a vivir a xoven. Ao ver a película, é obvio que Gwen elixirá o mozo Jean-Luc. A súa historia é breve, intensa e perturbadora.

Reparto principal:

GWEN: Aminthe Audiard.
JEAN LUC: Samuel Kircher.
Coa colaboración especial de Mélanie Thierry e Alex Brendemühl.

Equipo:

Director: Jaime Rosales.
Guionistas: Jaime Rosales, Fanny Burdino, Samuel Doux y Delphine Gleize.
Produtores: Jérôme Dopffer e Jaime Rosales.
Produtora ejecutiva: Àngels Masclans.
Director de fotografía: Javier Ruiz Gómez.
Montadora: Mariona Solé Altimira (AMMAC).
Música: Leonor Rosales March.

A actividade é de balde e está aberta á comunidade universitaria.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais