
Defensa da tese doutoral: «Análise do potencial educativo presencial e a distancia utilizando recursos inmersivos en realidade virtual e aumentada».
O pasado venres, día 29 de novembro, Rocío do Pilar Sosa Fernández, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defendeu a súa tese doutoral. Obtivo a cualificación Sobresaínte Cum Laude, por unanimidade, e a mención internacional pola estancia de investigación realizada na Universidade de Aalto, en Finlandia. A dirección da tese estivo a cargo do profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación Roi Méndez Fernández.
O xurado estivo composto por Julio Cabero Almenara, catedrático da Universidade de Sevilla e presidente do tribunal; Hans Hummel, profesor asociado da Open University dos Países Baixos, e Marta Rodríguez, profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
Parte do coñecemento adquirido na investigación transferiuse ao proxecto europeo CloudClass (Low Cost, Mobile, Cloud & Template Based Augmented Reality Studio for Education), no que se enmarca, e que foi posible grazas á colaboración mutua entre a empresa Brainstorm Multimedia e a Universidade de Santiago de Compostela.
A tese aborda o uso da ferramenta Edison, un software para crear presentacións en tempo real con realidade mixta; por parte de docentes, discentes e outros usos académicos. A doutoranda detallou a relevancia de crear máis casos de uso noutros ámbitos, áreas de coñecemento e diferentes niveis académicos que permitan corroborar o potencial de uso da tecnoloxía. Este labor será posible coa próxima redacción dun libro branco sobre o ensino coa tecnoloxía dos estudos virtuais de televisión e a continuación de desenvolvementos con VIRTUS (a plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC).

O vindeiro día 4 de febreiro, terza feira, ás 11h proxectárase no auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago o filme Morlaix. Posteriormente haberá un coloquio ao que asistirán o director da fita, Jaime Rosales, o Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade José Luis Castro de Paz e estudantes da facultade. […]
O pasado venres, día 29 de novembro, Rocío do Pilar Sosa Fernández, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defendeu a súa tese doutoral. Obtivo a cualificación Sobresaínte Cum Laude, por unanimidade, e a mención internacional pola estancia de investigación realizada na Universidade de Aalto, en Finlandia. A dirección da tese estivo a cargo […]
A auto-biografía política, dar a ver a súa construción, a marca do dispositivo, o real como material que “debe ser ficcionado para ser pensado (Rancière) é un dos sinais e tamén os arquivos re-significados polas escrituras do “eu”, polo corpo, polos seus ecos, pola actuación… son entradas polas que accedemos ao interior do labirinto a […]