Presentación do segundo número da revista Volvoreta en Madrid
Será o mércores, 3 de abril ás 17.30 horas no Cine Doré- Filmoteca Española
O Cine Doré, sala de exhibicións da Filmoteca Española, acollerá o vindeiro mércores, día 3 de abril, o acto de presentación do segundo número de Volvoreta. Revista de Literatura, Xornalismo e Historia do Cinema, que leva por título El malvado Carabel (Wenceslao Fernández Flórez, 1931). Humor e crítica social da novela á pantalla. O evento comezará ás 17.30 horas e contará coa presenza de José Luis Castro de Paz (membro do Grupo de Estudos Audiovisuais e presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez) , Josetxo Cerdán (Director de Filmoteca Española), Marina Díaz (coautora) e Antonio Suárez Calvo (Director de Vía Láctea Editorial)
A presentación concluirá coa proxección do filme El malvado Carabel (Fernando Fernán-Gómez, 1955), precedida dos 7 minutos conservados da versión cinematográfica da novela homónima dirixida por Edgar Neville en 1935.
O acceso é aberto até completar aforo.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
Entidade financiadora: Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 31/12/2013Data de fin: 31/12/2015I.P.: José Luis Castro de PazInvestigadores participantes: José Luis Castro de Paz Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Carmen Arocena, Juan Miguel Company, Xosé María Dobarro Paz, José María Folgar de la Calle, Sonia García López, Francisco Javier Gómez Tarín, Francisco Javier Moral Martín, Agustín Rubio Alcover, Imanol Zumalde Arregui, Santos Zunzunegui Díez.
