Viaxa ao Festival de Venecia co 28 Times Cinema
NUMAX selecciona mozas e mozos para seren xurado da sección Giornati degli Autori
Tes entre 18 e 25 anos? Dominas o inglés? Gústache o cinema e compartir as túas impresións na rede? Se cumpres estas 3 condicións tes unha oportunidade única para ser xurado no Festival de Venecia co 28 Times Cinema, un programa que permite a 28 mozos e mozas de toda Europa acudir ao festival cos gastos pagados para ser xurado da sección Giornati degli Autori.
Europa Cinemas, o LUX Prize e Giornati degli Autori veñen de designar, por segunda ocasión, a NUMAX como o cinema español encargado de participar na selección de candidaturas.
O 28 Times Cinema leva unha década brindando a mozos e mozas de toda Europa a oportunidade única de participar desde dentro dun dos festivais máis prestixiosos do mundo. Cada país da Unión conta cunha persoa representante no encontro e, ao igual que sucedera en 2017, NUMAX será a sala española participante na selección. Participa seguindo estes sinxelos pasos:
Como presento a miña candidatura?
1) Grava un videoselfie falado en inglés no que expliques que te apaixona do cinema, comezando pola frase What Do I Love in Cinema… O vídeo durará un máximo de 30 segundos, debes incluír o teu nome e país de procedencia, estar gravado en alta resolución (1920×1080) e excelente calidade de audio. Valorarase a calidade e creatividade do vídeo.
2) Cubrir o formulario de inscrición e descargar o pdf coas respostas: https://form.jotformeu.com/
3) Enviar por wetransfer o vídeoselfie xunto co formulario de inscrición en pdf ao correo comunicacion@numax.org
Cando presento a miña candidatura?
Até o mércores 10 de abril, incluído.
Compromisos da persoa selecionada
De entre as solicitudes recibidas NUMAX preseleccionará 3 candidatas e Europa Cinemas será a encargada de decidir que persoa represente a España no 28 Times Cinema. A embaixadora designada comprometerase a:
- Estar presente en Venecia do martes 27 de agosto ao domingo 8 de setembro (a viaxe será costeada polo Parlamento Europeo).
- Ser membro do xurado da sección Giornate delgi Autori.
- Ver todos os filmes presentados nesta sección e nas candidatas aos LUX Prize.
- Participar nos debates e mesas redondas con cineastas e outros convidados.
- Contribuír ao blog especialmente creado para o programa.
- Participar na web e as redes sociais de Europa Cinemas.
- Ser embaixador activo do LUX Film Prize durante os eventos organizados no seu país logo do Festival de Venecia.
Organizan Europa Cinemas, Giornate degli Autori, LUX Film Prize e o Cinema NUMAX
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
