Presentación do libro `La revuelta en la mirada. Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte´
O vindeiro 6 de outubro ás 20.30h na libraría NUMAX, a profesora e investigadora membro do GEA Mª Soliña Barreiro presentará o volume
O vindeiro 6 de outubro ás 20.30h na libraría NUMAX, a profesora e investigadora da USC Mª Soliña Barreiro presentará o libro: `La revuelta en la mirada. Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte´. Tamén, estará presente no coloquio a coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión.
Este libro reflexiona sobre como os cineastas de vangarda percorreron a modernidade rescatando as imaxes e os tempos refugados polos discursos visuais e históricos dominantes. O cinema permitiulles dar saída a unha joie de voir non soamente polo pracer do asombro, senón tamén polo desarmamento da discursivización da vida, da imaxe e da historia como liña temporal en avance progresivo, dotándose así dun corpo coherente de revolta. Este volume aborda a temporalidade moderna a través do cinema de vangarda europeo dos anos vinte, propoñendo, á súa vez, unha cartografía da propia vangarda fílmica.
A entrada é de balde e ata completar aforo.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
