Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo recibe a medalla do Grupo de Investigación Tecmerin

O acto realizouse dentro das xornadas `Mujeres y cine en Iberoamérica: políticas, representaciones, historias, interseccionalidades´.

23/09/2022

A coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, recibiu a medalla do grupo de investigación Tecmerin este 21 de setembro nun acto celebrado dentro das xornadas `Mujeres y cine en Iberoamérica: políticas, representaciones, historias, interseccionalidades´. Este encontro académico, está organizado polo Grupo de Investigación Tecmerin (televisión-cine: memoria, respresentación e industria) do Instituto Universitario del Cine Español dentro da Universidad Carlos III de Madrid.

Premiouse co mesmo galardón ás investigadoras: Giulia Colaizzi da Universitat de València, Rosa Franquet da Universitat Autónoma de Barcelona e Cristina Peñamarín da Universidad Complutense de Madrid. Dentro dun acto presentado por Carmen Ciller, profesora titular da Universidad Carlos III de Madrid, nun sentido recoñecemento ás mulleres académicas da comunicación en España.

O segundo día do encontro, 22 de setembro, Margarita Ledo colaborou cunha conferencia plenaria titulada: `Del diario como performance´ dunha hora de duración e presentada por Ana Mejón da Universidad Carlos III de Madrid. 

Todos os actos das xornadas realizáronse na Facultad de Humanidades, Comunicación y Documentación do Campus de Getafe da Universidad Carlos III en Madrid.

Para máis información.

 

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais