Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Presentación do libro “Angueiras de Sal: novas olladas á costa galega”

Terá lugar na Casa do Taberneiro o vindeiro 22 de decembro ás 17.00 h

15/12/2023

Novas olladas á costa galega conformouse como peche do 1ª Encontro de Fotografía Documental Contemporánea Galega títulado Fx: Ollos para ver. O proxecto, impulsado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela xunto co colectivo fotográfico Ollo, rematou coa realización dun curso de fotografía documental no Concello de Porto do Son durante os días venres 31 de xuño e sábado 1 de xullo de 2023. O alumnado, conxuntamente, puido articular un ensaio fotográfico grazas ao soporte, tanto técnico como argumental, dos membros do colectivo. De esta experiencia conxunta xurde este libro.

 

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais