Marta Pérez Pereiro presenta o 13 de decembro na FaCom os resultados da investigación FACCTMedia
A investigadora do GEA examinará os novos intrumentos para evitar o problema da desinformación
O vindeiro 13 de decembro na Facultade de Ciencias da
Comunicación, Aula 8, terá lugar a prsentación dos resultados do proxecto de investigación FACCTMedia, Instrumentos de rendición de contas ante a desinformación: Impacto das plataformas de fact-checking como ferramentas de accountability e proposta curricular.
O proxecto FACCTMedia, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (PID2019- 106367GB-I00 /AEI/10.13039/501100011033), propón examinar de que forma os instrumentos de rendición de contas evolucionan e adáptanse para facer fronte ao problema da desinformación e identificar que mecanismos de accountability foron creados recentemente con este propósito. Afondar nas metodoloxías innovadoras de verificación, os criterios editoriais e as estratexias de publicación que están a levar a cabo os medios, a academia e as plataformas independentes de verificación de información a nivel español e internacional son, entre outras, as tarefas que este proxecto proponse levar a cabo. Este coñecemento pormenorizado servirá de punto de partida para formular unha proposta metodolóxica e curricular que permita introducir módulos de verificación de noticias nas universidades españolas.
Entregarase diploma de participación, incricións aquí.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
