Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Premio Mozo de Investigación en Comunicación ‘Enrique Bustamante’

A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC ) convoca o Premio Mozo de Investigación en Comunicación 'Enrique Bustamante'.

03/03/2023

O certame ten dúas modalidades: monografía e artigo, o premio consistirá nun Diploma acreditativo e unha axuda de até 1.500€ para gastos de publicación do mellor monográfico presentado, e de 400€ para o mellor artigo que supere o proceso de revisión para ser publicado na Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación (RAE-IC).

O objectivo é estimular e premiar a difusión de investigacións orixinais, inéditas, e de calidade, de autores e autoras novas, no ámbito da Comunicación Social. Poden participar as persoas de calquera nacionalidade iberomaericana que non excedan os 35 anos de idade.

As bases deste premio pódense consultar aquí (anexo). O prazo para envío de candidaturas remata o 13 de marzo de 2023.

Ligazóns para o envío de solicitudes:

Modalidade monográfico.

Modalidade artigo.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais