O cineasta galego Oliver Laxe vén de gañar o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu filme Mimosas. O xurado, presidido por Valérie Donzelli, outorgoulle un recoñecemento que noutras edicións recibiron directores como Bernardo Bertolucci, Leos Carax ou Wong Kar Wai. Deste xeito, Laxe recibe por segunda vez o favor do festival cinematográfico máis prestixioso, logo de que Todos vós sodes capitáns, a súa primeira longametraxe, gañara o premio FIPRESCI en 2010 e abrira a etapa de éxito internacional do Novo Cinema Galego.
Laxe definiu Mimosas como “un western relixioso”, e nela nárrase a travesía emprendida por tres personaxes que queren dar sepultura ao corpo dun mestre sufí. Para chegar a Sijilmasa, cidade bereber en ruinas, deben superar numerosas trabas e cruzar as montañas do Atlas. A relixión musulmana é retratada na película dunha maneira respetuosa, nunha obra que traballa sobre a fé procurando a universalidade. En declaracións a El País, Laxe explicábase: “Facer unha película non é un acto de onanismo: teño unha responsabilidade co espectador. E, á vez, sei que a mellor maneira de comunicar é deixar unha porta aberta á estupefacción e á sombra.” As paisaxes duras e áridas de Marrocos, onde o director reside parte do ano, cobran tamén grande importancia no filme, que pasou por un longo proceso de traballo antes de acadar a súa forma final.
Mimosas está coproducido pola produtora galega Zeitun Films coa marroquí La Prod e a francesa Rouge International. A estrea comercial do filme en Francia (a través de UFO Distribution) está prevista para outono deste ano, pero aínda non hai data para a súa chegada a Galicia e o resto do Estado.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
