“O que arde” consegue catro candidaturas aos Premios Goya 2020
Competirá polos galardóns a mellor película, mellor dirección, mellor actriz revelación e mellor fotografía
A Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España vén de anunciar as candidaturas aos Premios Goya 2020, nas que o cinema galego sobresae cos catro nomeamentos para O que arde (Óliver Laxe, 2019) nas categorías de Mellor dirección, Mellor película, Mellor actriz revelación, con Benedicta Sánchez (O Corgo, Lugo), e Mellor fotografía, a través do catalán Mauro Herce.
Logo de converterse no filme en galego máis visto da historia nas salas comerciais do estado español e de sumar numerosos premios en festivais internacionais, entre os que sobresae o premio do xurado na sección Un certain regard do Festival de Cannes, a película de Óliver Laxe competirá coas propostas dos veteranos Alejandro Amenábar (Mientras dure la guerra) e Pedro Almodóvar (Dolor y Gloria); coa terceira película, rodada desta vez en castelán, polos cineastas vascos Jose Mari Goenaga, Jon Garaño e Aitor Arregide; e con Intemperie, de Benito Zambrano.
Sobre o nomeamento de Benedicta Sánchez, de 84 anos, como actriz revelación, Koldo Zuaza, un dos produtores de O que arde, recoñeceu que a súa é a candidatura que máis ilusión fai entre o equipo. «Benedicta é unha persoa extraordinadira, transmite moita verdade e estou feliz de ter traballado con ela», afirmou. Benedicta presentarase ao casting sen ter experiencia previa no cinema, animada pola súa filla, e Óliver Laxe viu nela case de forma inmediata á súa protagonista. «Conectou comigo porque teño lingua de trapo, e dixo que me escollía se deixaba o pelo longo. Foi a súa única condición», asegurou a actriz nunha entrevista.
O audiovisual galego suma 10 candidaturas nesta edición dos Goya, que se entregarán o 25 de xaneiro de 2020 en Málaga. Ás catro de O que arde engádense o nomeamento a mellor curtametraxe de animación para Homomaquia, dirixida por David Fidalgo Omil e producida por Chelo Loureiro; mellor actor protagonista para o lucense Luís Tosar, por Quien a hierro mata —produción de Vaca Films nomeada tamén nos galardóns de mellor actor revelación e mellor son—, mellor actor revelación para o vigués Santi Prego (Mientras dure la guerra) e a candidatura compartida polo coruñés Eligio Montero e Salvador Simó ao mellor guión adaptado polo filme de animación Buñuel en el laberinto de las tortugas.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
