Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

As cantigas da lírica medieval galega en imaxes

«Levous’aa alva, levous’a velida», de Pero Meogo

02/12/2019

O proxecto de investigación GEOARPAD, no que participa o Grupo de Estudos Audiovisuais canda diversos grupos da USC e doutras entidades, vén de difundir este vídeolyric de  Levous’aa alva, levous’a velida, de Pero Meogo,  unha das cantigas de amigo máis célebres da nosa lírica. Cargada de simbolismo e suxestividade, esta peza constitúe o eixo argumental dun videolyric que combina a representación plástica dos tópicos recollidos na composición coa interpretación musical desta e a inscrición intradiexética da súa letra nas imaxes, a través dunha combinatoria escenográfica multicapa desenvolvida en plató virtual entre elementos 3D CGI (virtuais de síntese) e un personaxe do mundo “real” que transcende a súa contorna física cara á fantástica da cantiga.

 

Enmarcado na 1.ª convocatoria do programa operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP), o proxecto GEOARPAD articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia-Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de protección e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e mais da protección, o desenvolvemento e a promoción dos activos da cultura e do patrimonio públicos.

O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como elemento de desenvolvemento transfronteirizo mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico e impulsando a participación social en todo o proceso.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais