O investigador do GEA, Manuel Barreiro Rozados gaña o Premio María Luz Morales
Foi premiado na categoría "Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional"
A Academia Galega do Audiovisual entregou na terza feira, día 12, os galardóns da oitava edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Nesta edición, premiáronse dous videoensaios e dous ensaios escritos. Esta iniciativa pioneira conta co respaldo das catro deputacións galegas. A entrega de premios tivo lugar no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.
O investigador do GEA, Manuel Barreiro Rozados, resultou gañador do Premio María Luz Morales ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional cun traballo titulado “Resurrección dixital e deepfakes. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal” , que foi calificado polo xurado como “interesante por canto advirte derivadas políticas, económicas, éticas ou ambientais sen caer no derrotismo e con administrada ironía.”
Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX. Morales comezou a súa actividade en 1924, asinando baixo un pseudónimo masculino, e chegou a ser a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito nacional, La Vanguardia, durante a Guerra Civil Española.
Estes premios contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
