Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

María Soliña Barreiro coordinou os contidos do II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA)

O II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) celebrouse os días 7, 8 e 9 de novembro na Coruña

11/11/2024

A profesora e investigadora da USC, adscrita ao GEA, María Soliña Barreiro foi a coordinadora de contidos do II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) que se celebrou os días 7, 8 e 9 de novembro na Cidade das TIC da Coruña. Baixo o lema “A lingua e o audiovisual”, este foro serviu para debater e analizar a diversidade lingüística no sector audiovisual, co obxectivo de valorar a situación actual e debater retos de futuro.

O programa articulouse en tres xornadas temáticas.

  • Quinta feira, día 7 – “Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados”, centrada no desafío de captar ás audiencias máis novas, mantendo a diversidade lingüística como valor diferencial.
  • Sexta feira, día 8 –  “Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias”, orientada a analizar o impacto de crear contidos en linguas non hexemónicas.
  • Sábado 9 –  “Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual”. A xornada de clausura explorou as posibilidades de avanzar cara a un sistema audiovisual galego sólido que permita a normalización efectiva do uso da lingua galega.

O Foro da Industria Galega do Audiovisual é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que contou, nesta edición, coa colaboración do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.

Foto: Academia Galega do Audiovisual.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais