O I+D+i sobre o cinema español de posguerra participa a próxima semana no XVI Congreso Internacional da Asociación Española de Semiótica
Os días 4, 5, e 6 de novembro celebrarase en Bilbao o XVI Congreso Internacional da Asociación Española de Semiótica e V Congreso Internacional do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UPV/EHU, co título Historias do presente. Do documento ao documental. Dentro das sesións programadas, o Profesor José Luis Castro de Paz, Investigador Principal do I+D+i Cara a unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España), presentará a comunicación El análisis textual y la historiografía del cine español, na que ofrecerá unha reflexión acerca da importancia do emprego de certos mecanismos de análise fílmica por parte das novas correntes historiográficas do cinema español, das que o devandito Proxecto é boa mostra. A participación no Congreso dá continuidade a unha dilatada produción científica xerada desde fai case tres anos, iniciando así os últimos actos de difusión de resultados previstos polo Proxecto, que finalizará nos próximos meses.

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
