Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O GEA participa na reunión con Nestor Rego para valorar a situación da Lei do Audiovisual

Profesionais de distintos ámbitos do sector trasladaron as súas posicións ao deputado do BNG

20/06/2022

Este luns 20 de xuño tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC un encontro co deputado do BNG, Nestor Rego, para facer un balance do escenario que se formula para o sector coa aprobación da Lei do Audiovisual. Ao encontro asistiron representantes de varias das entidades que forman a Iniciativa polo audiovisual en galego, Soliña Barreiro e Marta Pérez , do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA); Manuel Arca, da Asociación galega de tradutores e interpretes; Uxía Caride, da Asociación galega de produtores independentes, e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

As entidades que asistoron trasladaron as súas valoracións e as previsión de actuación ao deputado. En liñas xerais, os aspectos que máis preocupan desta Lei do audiovisual son a ausencia de garantías para a lingua galega; as dificultades de financiación para as produtoras independentes; a falta de medidas para combater a fenda de xénero e a porta aberta á privatización da RTVE.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais