Agapi organiza a xornada “Marco xurídico do sector audiovisual: retos de futuro”
A actividade celebrarase o 1 de xullo no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura
Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 1 de xullo unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos xurídicos da produción audiovisual.
O desenvolvemento da xornada terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Baixo o título: Marco xurídico do sector audiovisual: Retos de futuro, abordaranse cuestións como as implicacións da nova Lei xeral de comunicación audiovisual para a produción independente, a Lei de imposto de sociedades e financiamento audiovisual ou os aspectos destacados dunha coprodución.
A xornada será de balde pero precisará dunha inscrición previa. As persoas interesadas deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 30 de xuño, indicando o nome, apelidos e enderezo electrónico.
Este evento conta co apoio da Xunta de Galicia no marco das accións Galicia Pro Filme que leva a cabo a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
