Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O filme colaborativo Visións proxéctase na Facultade de Ciencias da Comunicación o martes 21

20/03/2017

Para a penúltima sesión de «A outra mirada: Cinema e Muller» contamos con «VISIÓNS», un filme colaborativo dirixido por Xisela Franco e producido por Beli Martínez. Unha iniciativa que vai dende a investigación e a teoría ata a práctica da producción cinematográfica, na que mulleres da provincia de Pontevedra únense co fin de dar un exemplo do que se pode facer para fomentar os discursos creados por nós. Nesta ocasión contamos coa presenza de Andrea Zapata, directora dunha das dez curtas que forman a película.

“Porque se a linguaxe constrúe o mundo, e a audiovisual é unha linguaxe que hoxe sabemos esencial, ás mulleres quédalles por definir unha boa parte da súa historia. A realidade é que sen creadoras o imaxinario audiovisual propio das mulleres se atopa amputado, silenciado, desexando pronunciarse para achegar ao cinema a súa voz e para crear unha sociedade máis xusta”.

A película programada para o martes 21 ás 18:00 no visionado 3 supón unha peza na que arte e cinema agrúpanse e fúndense, dando lugar a un film íntimo e poliédriédrico.»

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais