Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Ábrese o prazo para o envío de comunicacións á XI Small Cinemas Conference

Admítense propostas até o 15 de maio

29/01/2020

Do 11 ao 12 de setembro de 2020, a Babeș-Bolyai University de Romanía acollerá a undécima edición do congreso Small Cinemas, que este ano se centra nos imaxinarios políticos das pequenas cinematografías e culturas.

O evento pon o foco no xurdimento de novos imaxinarios e formas de experiencia política, nun mundo caracterizado polo dominio do capitalismo, o avance do populismo, o incremento da mobilidade a escala internacional, a sucesión de catástrofes migratorias e a existencia activismo minoritario. Dende esta perspectiva, convida á comunidade investigadora a analizar o xeito no que os pequenos cines tentaron, nas últimas décadas, trasladar as complexidades culturais, económicas e sociais á pantalla. O congreso estudará os cambios producidos na imaxinería dos movementos sociais, políticos e ideolóxicos na época (post)neoliberal e nos seus efectos sobre a produción cultural das pequenas nacións.

As propostas de comunicacións- con título, resumo de até 300 palabras e breve biografía das/os autoras/es-, deben ser remitidas a smallcinemas.bbu@gmail.com até o 15 de maio e os resultados serán comunicados o 10 de xuño.

Acéptanse propostas para as seguintes áreas:

● Percepcións e xenealoxías da democracia
● Representacións do capitalismo global e das crises locais
● Reconstrucións do nacionalismo
● Populismos de esquerda e dereita
● Configuración da identidade entre xénero e raza
● A desvalorización do traballo e  as xerarquía económicas post-socialistas
● Perspectivas sobre precariedade, pobreza e desigualdades sociais
● Eco-activismo e retos do cambio climático
● Subxectividades políticas no capitalismo globalizado
● Ideoloxías políticas das formas estéticas
● Imaxinarios coloniais, postcoloniais, anticoloniales e autocoloniais
● Estruturas neoliberais nos mercados cinematográficos e culturais
● Imaxinarios das culturas pequenas e grandes mercados

Máis información na web do evento.

Persoa de contacto: Professor Claudiu Turcus

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais