Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O Congreso debatirá mañá o Proxecto de Lei do Audiovisual que non ofrece garantías de igualdade para o galego

A Iniciativa galega polo audiovisual propón encher as redes co cancelo #AudiovisualEnGalego

23/02/2022

Mañá, 24 de febreiro, comezará o primeiro debate no Congreso do Proxecto de Lei xeral de Comunicación Audiovisual que se prolongará varias semanas. Este debate danos a oportunidade de tentar mudar unha proposta lexislativa que non garante un mínimo de igualdade para o galego, nen na dispoñibilidade en contidos foráneos nen para as producións propias.

Esta lei definirá o desenvolvemento do conxunto do audiovisual e das canles e plataformas de contidos televisivos nas próximas décadas. Se non houber mudanza sobre o Proxecto de lei proposto polo goberno español o galego seguirá excluído da inmensa maioría da oferta de series e filmes.

Por isto, diversas entidades do sector audiovisual, do ámbito académico e da defensa lingua, elaboramos a Iniciativa polo audiovisual en galego, unha proposta de emendas que estamos a presentar ao partidos políticos para conseguir igualdade para o galego na dobraxe, lexendaxe, audiodescricións e financiamento de producións nos termos contemplados na Iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade polo Parlamento galego.

Para o inicio do debate que terá lugar nos seguintes meses, propomos unha acción colectiva nas redes sociais que terá lugar de 9.00 a 13.00 horas do día 24 para o que precisamos da vosa axuda:

Difundir a Iniciativa polo audiovisual en galego polas redes sociais e o voso ámbito de actuación. Para iso empregaremos o cancelo #AudiovisualEnGalego xunto a imaxes, vídeos e textos que evidencian a situación actual e propoñen alternativas. Nesta ligazón deixamos algúns dos materiais que elaboramos e que podedes empregar libremente ou como orientación.

 

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais