Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo Andión, premio de honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual

O galardón é un recoñecemento á súa traxectoria e será entregado na XX edición dos Mestre Mateo

22/02/2022

A Academia Galega do Audiovisul (AGA) outorgoulle o premio de honra Fernando Rey a Margarita Ledo Andión, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais. A entrega do galardón será na XX edición dos Mestre Mateo, que se celebrarán o 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Deste xeito, será o segundo ano consecutivo que Margarita Ledo suba ao escenario da gala, despois de gañar o premio a Mellor Documental na pasada edición con Nación.

Este galardón é un recoñecemento a “unha traxectoria comprometida coa reflexión, a creación, o feminismo e a nosa lingua” da cineasta, xornalista, investigadora, poeta e escritora. Alvaro Pérez Becerra, presidente da AGA, destacou o seu traballo ao “recuperar voces e historias” da historia recente de Galiza desde “unha posición independente e reivindicativa”.

Recoñecementos

Premio Nacional de Cinema e Audiovisual (2008), Premio Otero Pedrayo (2017) e Premio Cineuropa (2020), son algúns dos recoñecementos que recibiu Margarita Ledo pola súa ampla traxectoria. É membro da Real Academia Galega, Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, as súas liñas de pescuda traballan a produción e o acceso a bens culturais dende a diversidade, as políticas de comunicación e as teorías feministas nos universos da creación e da expresión.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais