Marta Pérez Pereiro participa nas Escaramuzas Artísticas da AAAG
A última sesión de 2018 centrarase no audiovisual como ferramenta de creación de discursos e de transmisión de ideoloxías
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebra o vindeiro mércores 28 de setembro ás 20.00 horas a última sesión de 2018 das súas Escaramuzas artísticas, unha serie de encontros de debate de periodicidade mensual en que reputadas voces especializadas nos sectores do audiovisual e da escena intercambiarán os seus puntos de vista ao respecto de diferentes temas que atinxan as profesións destas disciplinas. As Escaramuzas artísticas, que contan co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), buscan ir máis aló dos tradicionais coloquios, rompendo as habituais distancias das mesas redondas e achegando un ambiente distendido e participativo. Estes encontros están destinados tanto aos/ás profesionais do sector coma ao público xeral.
Esta nova sesión, celebrarase ás 20.00 horas na Lasso-Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago (Avenida Burgo das Nación, s/n) e centrarase no audiovisual como ferramenta de creación de discursos e de transmisión de ideoloxías. Baixo o título de Eisenstein vs Disney, o encontro partirá dos temas universais até centrarse en aspectos do audiovisual galego. Deste xeito, analizarase o cine a a produción televisiva como instrumentos de creacións de relatos, sen perder de vista os efectos do discurso fragmentando de internet neste ámbito. Con estas liñas principais, no debate participarán a xornalista e guionista María Yáñez, a investigadora e profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC Marta Pérez Pereiro e o director Eloy Domínguez Serén, autor de fitas como No cow on the ice ou Hamada, o seu último proxecto, que terá a súa preestrea no marco do festival Cineuropa este domingo 25 de novembro ás 20.30 horas no Teatro Principal de Santiago.
[Texto: AAAG]
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
