A catedrática e cineasta Margarita Ledo foi homenaxeada esta fin de semana no Festival de Cans coa distinción de Honra, o Premio Pedigree, por ser unha das autoras cun traballo máis transversal no cinema galego, abranguendo campos que van da creación á investigación e á docencia no ámbito audiovisual. Durante a celebración da XIX edición do Festival, Ledo recibiu o galardón e colocou a súa estrela no Torreiro das estrelas. A escritora e investigadora tamén mantivo un coloquio e asistiu á proxección de Sinais Furtivos, a retrospectiva das súas pezas curta.
A organización do certame premiou a obra Margarita Ledo, caracterizada pola defensa da lingua, a visibilidade das mulleres anónimas e a intención de reconstruír a identidade dun país rescatando a memoria borrada.
[Imaxe: Cris Andina]
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
