
Margarita Ledo Andión participa no seminario “Memoria democrática audiovisual” no Instituto Cervantes de París
Este venres proxectarase "Santa Liberdade" e haberá coloquio coa directora
O Instituto Universitario del Cine Español da Universidad Carlos III de Madrid (IUCE-UC3M) celebra un seminario de dúas xornadas baixo o título “Memoria democrática audiovisual. Extraterritorialidad y resistencia”. Terá lugar no Instituto Cervantes de París entre o xoves 5 e o venres 6 de maio. O propósito da actividade é invitar a reflexionar sobre as mostras da represión política e de xénero na ditadura franquista, así como o desarraigo do exilio español, a partir da mirada cinematográfica e audiovisual.
Este venres, ás 10.15h, proxectarase o filme “Santa Liberdade” de Margarita Ledo Andión. Posteriormente haberá un coloquio coa directora, que estará acompañada de Marianne Bloch Robin, profesora da Sorbonne Université – CRIMIC (Centre de Recherches Interdisciplinaires sur les Mondes Ibériques Contemporains).

A integrante do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) é tamén Contratada Predoutoral no Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Comunicación da USC. A actividade de presentación da investigación predoutoral terá lugar o vindeiro 12 de abril das 14.00h ás 16.00h na Sala Hipatia da Facultade de […]
O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival. Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos […]
A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa). A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes […]