Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo recibe o Premio de Honra Fernando Rey pola súa traxectora na gala dos Mestre Mateo

21/03/2022

A Academia Galega do Audiovisual homenaxeou a traxectoria de Margarita Ledo Andión outorgándolle o Premio de Honra Fernando Rey, “por ser unha figura de referencia no eido da cultura como xornalista, investigadora, poeta e escritora. Por impulsar a creación da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e alumear as vocacións de varias xeracións de galegas e galegos desde o seu posto como profesora catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Por contribuír á posta en marcha de iniciativas tan necesarias como NUMAX ou o Grupo de Estudios Audiovisuais. Por recuperar voces e relatos da nosa historia recente a través das súas películas, desde unha posición independente e reivindicativa”.

O galardón, entregado na 20ª edición da gala dos Mestre Mateo, súmase a numerosos recoñecementos recibidos pola directora do GEA, como o Premio Nacional da Cultura Galega (2008), o Premio Otero Pedrayo (2017), a homenaxe a toda unha vida de investigación en comunicación da Asociación Española de Investigación da Comunicación no VII Congreso Internacional da AE-IC, o Premio do Festival de Cine Europeo de Sevilla pola dirección de Nación (2020) ou o Mestre Mateo ao Mellor documental polo mesmo filme.

Na recepción do Premio, Margarita Ledo falou da “visión da nosa época dende espazos intermedios, de dentro para fóra” á que ela lle dá corpo facendo “filmes en lingua galega”, así como no “estudo de filmografías de nacións pequenas; na insistencia da necesidade de políticas públicas que garantan a súa existencia; na ollada en feminino, esa ollada que trae a experiencia das mulleres para o centro da trama e que tronza o fío con tipos e estereotipos que nos deturpan, desencarnan, banalizan”.

 

[Imaxe: AGA/ Vanessa Rábade]

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais