Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo participa no IV Encontro de Cine Documental do Festival de Málaga

29/03/2016

A 19ª edición do Festival de Cine Español de Málaga acollerá os días 25 e 26 de abril o IV Encontro de Cinema Documental. Baixo o título “Doce anos despois: estado da cuestión” este evento de vocación transversal reunirá a cineastas, investigadores universitarios, programadores, distribuidores, críticos e responsables de canles de televisión e organismos públicos co fin de analizar a situación deste xénero na cinematografía estatal.
Margarita Ledo Andión estará entre os académicos que toman parte nas xornadas, nas que tamén intervirán Mirito Torreiro (Universidade Carlos III), Josep María Català (Universidade Autónoma de Barcelona), Josetxo Cerdán (Universidade Carlos III), Vanesa Fernández Guerra (Universidade do País Vasco) e Miguel Fernández Labayen (Universidade Carlos III).
Participarán os directores Elías León Siminiani, Virginia García del Pino, Albert Solé, David Varela e Alejandro Alvarado e os produtores Felipe Lage (Zeitun Films), Tania Balló (Intropía Media), Tono Folguera (Lastor Media) e José Antonio Hergueta (MLK Producciones).
O evento contará coa presenza dos programadores Gonzalo de Pedro (Festival de Locarno y Márgenes), Javier Miranda, (Alcances), Roberto Cueto (Cineteca Madrid) e Moisés Salama (Festival de Málaga. Cine Español), e os distribuidores Enrique Costa (Avalon) e Enrique Piñuel (Playtime Audiovisuales). Tamén invervirán Andrés Luque (Televisión Española), Benito Herrera (Agencia Andaluza de Instituciones Culturales), Joan Salvat (Sense Ficció, TV3) e Jaume Ripoll (Filmin).

As xornadas terán lugar na sé do Reitorado da Universidade de Málaga e a inscrición é gratuita ate completar aforo.
Para máis información: encuentrodocumental@festivaldemalaga.com

O encontro está organizado polo Ayuntamiento de Málaga e o Festival de Málaga coa colaboración da Agencia Andaluza de Instituciones Culturales da Consejería de Cultura da Junta de Andalucía, a asociación Pro-docs (Asociacio de productors de documentals), o proxecto de I+D ‘Las relaciones transnacionales en el cine digital hispanoamericano: los ejes de España, México y Argentina (CSO2014-52750-P)’, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad e a Universidade de Málaga.

Descargas:

Programa completo
Cartaz do evento

MÁIS NOVAS
Proxección e coloquio: Morlaix (Jaime Rosales, 2024) o día 4 de febreiro
A proxección e o coloquio serán no Auditorio da Facultade de Comunicación
20/01/2025

O vindeiro día 4 de febreiro, terza feira, ás 11h proxectárase no auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago o filme Morlaix. Posteriormente haberá un coloquio ao que asistirán o director da fita, Jaime Rosales, o Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade José Luis Castro de Paz e estudantes da facultade. […]

Seguir lendo
Defensa da tese doutoral: «Análise do potencial educativo presencial e a distancia utilizando recursos inmersivos en realidade virtual e aumentada».
03/12/2024

O pasado venres, día 29 de novembro, Rocío do Pilar Sosa Fernández, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defendeu a súa tese doutoral. Obtivo a cualificación Sobresaínte Cum Laude, por unanimidade, e a mención internacional pola estancia de investigación realizada na Universidade de Aalto, en Finlandia. A dirección da tese estivo a cargo […]

Seguir lendo
Conferencia de Margarita Ledo Andión na Sorbonne Nouvelle: A imaxe que falta, a imaxe que manca
Será na sala C112A da Sorbonne Nouvelle o día 9 de decembro, ás 11h
02/12/2024

A auto-biografía política, dar a ver a súa construción, a marca do dispositivo, o real como material que “debe ser ficcionado para ser pensado (Rancière) é un dos sinais e tamén os arquivos re-significados polas escrituras do “eu”, polo corpo, polos seus ecos, pola actuación… son entradas polas que accedemos ao interior do labirinto a […]

Seguir lendo
© 2025 Estudos Audiovisuais