A 19ª edición do Festival de Cine Español de Málaga acollerá os días 25 e 26 de abril o IV Encontro de Cinema Documental. Baixo o título “Doce anos despois: estado da cuestión” este evento de vocación transversal reunirá a cineastas, investigadores universitarios, programadores, distribuidores, críticos e responsables de canles de televisión e organismos públicos co fin de analizar a situación deste xénero na cinematografía estatal.
Margarita Ledo Andión estará entre os académicos que toman parte nas xornadas, nas que tamén interveñen Mirito Torreiro (Universidade Carlos III), Josep María Català (Universidade Autónoma de Barcelona), Josetxo Cerdán (Universidade Carlos III), Vanesa Fernández Guerra (Universidade do País Vasco) e Miguel Fernández Labayen (Universidade Carlos III).
Participarán os directores Elías León Siminiani, Virginia García del Pino, Albert Solé, David Varela ou Alejandro Alvarado e os produtores Felipe Lage (Zeitun Films), Tania Balló (Intropía Media), Tono Folguera (Lastor Media) e José Antonio Hergueta (MLK Producciones).
Cóntase tamén coa presenza dos programadores Gonzalo de Pedro (Festival de Locarno y Márgenes), Javier Miranda, (Alcances), Roberto Cueto (Cineteca Madrid) e Moisés Salama (Festival de Málaga. Cine Español), e os distribuidores Enrique Costa (Avalon) e Enrique Piñuel (Playtime Audiovisuales). Tamén invervirán Andrés Luque (Televisión Española), Benito Herrera (Agencia Andaluza de Instituciones Culturales), Joan Salvat (Sense Ficció, TV3) e Jaume Ripoll (Filmin).
As xornadas terán lugar na sé do Reitorado da Universidade de Málaga e a inscrición é gratuita ate completar aforo.
Para máis información: encuentrodocumental@festivaldemalaga.com
O encontro está organizado polo Ayuntamiento de Málaga e o Festival de Málaga coa colaboración da Agencia Andaluza de Instituciones Culturales da Consejería de Cultura da Junta de Andalucía, a asociación Pro-docs (Asociacio de productors de documentals), o proxecto de I+D ‘Las relaciones transnacionales en el cine digital hispanoamericano: los ejes de España, México y Argentina (CSO2014-52750-P)’, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad e a Universidade de Málaga.
Descargas:
Programa completo
Cartaz do evento
The approval of the General Audiovisual Law in 2022 updated the Spanish regulatory framework, tackling some of the challenges presented by agents such as streaming platforms, but also leaving open some other related to diversity protection. The LEXCAV project, financed by the Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad and developed […]
The Teatro Colón in A Coruña was the setting this Friday for the 5th Culture Gala, an event in which the Deputación of A Coruña brought together 19 award winners in 13 categories. The event, hosted by journalist Susana Pedreira and actor and musician Xoán Fórneas, featured a performance by Caamaño & Ameixeira and a […]
Last Friday, April 17th, Rocío del Pilar Sosa Fernández, a member of GEA, presented the paper Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR at the 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. The event was organised by the International Association for Media and Communication […]
