Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA
Fotograma do filme Nación

Margarita Ledo Andión, Premio Cineuropa 2020

05/11/2020

A 34ª edición do festival Cineuropa, no seu apartado de recoñecementos honoríficos, homenaxea a Margarita Ledo Andión por unha traxectoria que a consolida como referente no cinema galego. A catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela, convírtese nunha das protagonistas desta edición do festival onde, ademáis de recibir este galardón, estrea a súa última obra Nación.

Margarita Ledo Andión, coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, de referencia competitiva do Sistema Universitario Galego, recibe este premio por unha traxectoria creativa que inclúe obras tan senlleiras como Santa Liberdade (2004), Liste, pronunciado Líster (2007) ou A cicatriz branca (2012) entre outras. A esta filmografía súmase agora Nación, um sitio onde pousar a cabeça que convirte en protagonista a esa muller operaria que, desde o agro ou o mar, accede ao tecido industrial. Evocando no seu título un verso do poeta Manuel António Pina, Nación agocha unha historia de intimidade que rondaba como idea orixinal da cineasta desde o ano 2015, e que agora se presenta xa avalada polo premio Luis Villalta da Deputación da Coruña como referente de proxecto audiovisual pola igualdade.

Con música de Mercedes Peón, e a colaboración de Alberte Branco como director de fotografía, Nación preséntase cun tráiler promocional en todas as plataformas, según destacan desde a productora Nós. Cineuropa estrea Nación con dous pases: o mércores 18 de novembro ás 20:00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e o xoves 19 de novembro ás 18:00 horas no Cinema NUMAX. Dúas oportunidades para coñecer a historia de Nieves Lusquiños que, en 1969, entra a traballar na fábrica de louza Pontesa con 14 anos. Como se recolle en #Cineuropa34, o filme lembra o primeiro sobre coa paga semanal que Nieves entrega na casa. Con 18 anos, estrea vacacións, reunión prohibidas… até que un día o patrón deixa de pagar e comeza a rebelión de Nieves: “Traballar sen cobrar? Iso nin falar”.

Cineuropa 2020 ten, pois, un dobre significado para Margarita Ledo: como presentación do seu último filme e como galardoada, cun premio que tamén homenaxea nesta edición a Javier Gutiérrez e Alfonso Zarauza.

Recoñecementos

Premio Nacional de Cinema e Audiovisual (2008), Margarita Ledo segue a sumar recoñecementos. O máis recente, a homenaxe recibida o 28 de outubro no VII Congreso Internacional da AE-IC que se celebrou en Valencia e no que se recoñeu a súa traxectoria como investigadora en comunicación. Nesa ocasión, o tamén catedrático e compañeiro de Margarita Ledo por moitos anos na profesión xornalística e na academia, Emili Prado, puxo de relieve a persoalidade “poliédrica” de Margarita Ledo, cun retrato realizado desde a emotividade que serviu para destacar o seu activismo e o seu compromiso permanente coa defensa da lingua galega.

Margarita Ledo recibiu, tamén, o Premio Otero Pedrayo (2017) e é membro da Real Academia Galega. Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, as súas liñas de pescuda traballan a produción e o acceso a bens culturais dende a diversidade, as políticas de comunicación e as teorías feministas nos universos da creación e da expresión.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais