Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Ampríase o prazo do Call for Papers da 13ª edición do Small Cinemas “Totalitarismo na literatura e no cinema”

A data límite para o envío de resumos é o 30 de maio

28/04/2022

A conferencia internacional Small Cinemas estende o prazo de recepción de propostas para a súa 13ª edición “Totalitarismo na literatura e no cinema” ata o 30 de maio.

O totalitarismo e outras ideoloxías radicais como fenómeno social foron sempre un mal das sociedades grandes e pequenas. O momento actual esixe aos académicos e intelectuais unha análise detallada do que ocorre na retórica das formulacións radicais, así como na deconstrucción da súa influencia no contido e na forma en que se emite.

No outro lado do espectro das películas que abrazan ideoloxías totalitarias, as películas antitotalitarias implican unha negociación temática e estética en moitos niveis. Debido ás numerosas formas de censura impostas tanto ao contido como á forma, os autores de películas dedicáronse a un xogo de linguaxes alternativas, a linguaxe dos contos de fadas, grotesco, alusións esópicas e moitas outras elaboracións formais. Convidamos a estudosos do cinema, sociólogos, filósofos e estudosos doutras disciplinas para participar nun debate aberto sobre as representacións dos fenómenos históricos nas películas totalitarias e sobre a forma en que se expresan nos textos literarios e nas películas grandes e pequenas.

A conferencia terá lugar entre o 1 e o 3 de outubro de 2022 en Bielsko- Biala, Polonia, nun formato híbrido.

Prazo para a recepción de resumos: As propostas de conferencias deberán ter un máximo de 300 palabras e enviaranse antes do 30 de maio a: Prof. Janina Falkowska, jfalkowska@wseh.pl

Estes son algúns temas suxeridos, pero convidamos a calquera contribución creativa sobre o tema:

A. Xeral

1. Historia e teoría do totalitarismo

2. Movementos de liberación que tenden a converterse en totalitarios

3. Prácticas totalitarias presentadas como ideas “revolucionarias”

4. Formas contemporáneas de censura social

5. Usos/lugares da tecnoloxía na censura de régimes totalitarios

 

B. Totalitarismo en literatura e cinema

1. O cinema totalitario na historia

2. A comedia no totalitarismo

3. Características universais de películas totalitarias

4. Propaganda cinematográfica no totalitarismo

 

C. Prácticas anti totalitarias na literature e cinema

1. Textos e contextos

2. O contido e as súas complexidades

3. Antiestética complexa. Alusión e grotesco

 

Calquera outra presentación académica relacionada co tema principal tamén é ben recibida.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais