Margarita Ledo Andión participa no Málaga Docs
A profesora Ledo Andión escribiu o limiar do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad.
O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival.
Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos principios e temáticas do libro -os aspectos estéticos e identitarios, mais tamén os históricos, transversais a todas as sesións-, a filosofía integradora -de perfís, de xeografías – que o inspiraron, e a radiografía dos principais retos industriais destes cines, para preguntarse pola imaxe que nos devolve unha mirada conxunta e reflexiva sobre o documental en España.
A Catedrática da USC e Investigadora Principal do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e cineasta participou, xunto a Josep Maria Català da Universitat Autònoma de Barcelona, na palestra Y el cine (documental), ¿todavía puede mover el mundo?
Ledo e Català asinan, respectivamente, o limiar e o epílogo de El documental en España. Historia, estética e identidad, textos que propoñen cuestións esenciais sobre a función do cinema documental nun contexto cinematográfico e tecnolóxico en permanente transformación. Abordan neste diálogo unha análise do presente continuo da non-acción para identificar a expansión actual dos seus límites e a expresión de algunhas das súas constantes estéticas e políticas, vinculadas coa pregunta de Klotz e Perceval que a profesora Ledo inclue no seu limiar: ¿Pode o cinema aínda mover o mundo?
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
