Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Chamada de Artigos para a revista Cinema & Território (C&T)

Está aberta a "Chamada de Artigos" para o n.º 8 da Cinema & Território, sobre a temática Documentais (auto)biográficos

06/03/2023

A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa).

A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes e outras áreas científicas que aborden as temáticas enunciadas ou que se crucen con estas.  As propostas de publicación serán suxeitas a revisión científica según o modelo aberto de revisión por pares.

A revista está aberta, así mesmo, a publicar traballos en formatos diversos como ensaios, entrevistas e recensións críticas, imaxes e filmes que se axusten  aos parametros temáticos e de calidade estabelecidos pola Comisión Científica. 

O envío, edición e publicación dos textos, imaxes e vídeos é de bealde. A revista C&T ofrece acceso libre e inmediato o seu contido, seguindo o principio de que dispoñibilizar gratuitamente o coñecemento científico ao público proporciona maior democratización mundial do coñecimento.

Aquí o texto da chamada e nesta ligazón as Instruccións para autores e autoras.

NOVOS PRAZOS DE ENVIO DE RESUMOS

CALENDARIO

▪ Prazo de envio de resumo: 31 de marzo de 2023.
▪ Comunicación de aceptación do resumo: até 10 de abril de 2023.
▪ Prazo de envio de artigo: 30 de xuño de 2023.
▪ Comunicación de aceptación de artigo: até 31 de xullo de 2023.
▪ Prazo de entrega de artigo finalizado: até 30 de setembro de 2023.
▪ Previsión de publicación: novembro/decembro de 2023.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais